lunes, 30 de mayo de 2011

O último equipo...cartel pechado.


O Bertamirans FC confirma a súa presenza no noso torneo na categoría alevín ocupando a última plaza vacante que quedaba para o noso torneo.

Proximamente poñeremos a disposición dos equipos participantes os grupos e horarios do torneo, así como as bases do mismo.

jueves, 26 de mayo de 2011

Completado o cartel benxamín a falta dun equipo alevín...


Pois así está o asunto, a falta de aproximadamente 20 días para o pistoletazo de salida do noso torneo.

- Podemos xa confirmar que a categoría de benxamíns acaba de quedar completada coas últimas incorporacións quedando así composto por 8 equipos nun formato de torneo que aclararemos nada máis dispoñer da información.
- En categoría alevín queda pendente unha última praza vacante para sumar 16 equipos que formarán os grupos de partida, previsiblemente 4 grupos de 4 equipos cada un.

Polo tanto hai que destacar a participación neste primeiro ano con nada menos que 24 equipos.

Novo equipo...

O Laracha CF tamén estará no noso torneo, neste caso coa participación de dous equipos, un en categoría benxamín e outro en alevín. Benvidos sexan e boa sorte.

Outro da comarca do Sar...


O CD Rois confirma a súa presenza no torneo na categoría benxamín, deixando xa case cerrados os equipos benxamíns participantes a falta de algunha vacante.

lunes, 23 de mayo de 2011

Amio SD, novo inscrito...

Un novo equipo acaba de confirmar a súa participación en categoría alevín, e neste caso tamén se chama como o barrio santiagués do que procede, Amio SD. Benvido.

domingo, 22 de mayo de 2011

Novo representante do Barbanza...

Neste caso toca falar dun novo representate da Comarca do Barbanza que participará no noso torneo alá polo mes de Xuño tanto nas categorías alevín como benxamín. Trátase do Porto do Son CF, da coñecida vila costeira que da nome ao equipo.

Dámoslle a benvida e desexámoslle moita sorte.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Confirmado outro equipo...


Trátase neste caso do Peleteiro, equipo colexial representante do Colexio Manuel Peleteiro santiagués, e que confirma a súa participación no noso torneo en categoría benxamín e en alevín. Moita sorte e benvidos.