jueves, 26 de mayo de 2011

Completado o cartel benxamín a falta dun equipo alevín...


Pois así está o asunto, a falta de aproximadamente 20 días para o pistoletazo de salida do noso torneo.

- Podemos xa confirmar que a categoría de benxamíns acaba de quedar completada coas últimas incorporacións quedando así composto por 8 equipos nun formato de torneo que aclararemos nada máis dispoñer da información.
- En categoría alevín queda pendente unha última praza vacante para sumar 16 equipos que formarán os grupos de partida, previsiblemente 4 grupos de 4 equipos cada un.

Polo tanto hai que destacar a participación neste primeiro ano con nada menos que 24 equipos.

No hay comentarios: