Un clásico de fútbol santiagués acaba de confirmar a súa presenza no torneo, trátase do Cf Vista Alegre, equipo do citado barrio e que retornou ó panorama futbolístico local tras unha larga tempada desaparecido.
Participará tanto en categoría Alevín como en Benxamín. Benvido de novo.
Outro equipo máis confirma a súa presenza no noso torneo, trátase do Sálvora Cf, o cal tamén realiza un fabuloso torneo todos os anos en posteriores datas, o cal tomamos de modelo para que o noso teña tanto éxito como o deles. Un abrazo forte ó seu coordinador Siño.
O Ed Xuventude de Oroso tamén confirma a súa presenza no noso torneo do cincuentenario. Unha das escolas máis prolíficas e mellor traballadas destes últimos anos, de ahí o convenio de colaboración que os une actualmente ó Rc Celta de Vigo.
Comenzamos a descubrirvos os primeiros equipos que xa confirmaron a súa presenza no Torneo F7 Alevín organizado pola Sr Calo polo seu 50 aniversario.
Os 1º equipos son Ed Val Do Ulla e o Sd Campus Stellae.
O primeiro deles chega dende a Comarca do Ulla e cunha importante transformación nos últimos anos no traballo da canteira. O segundo, todo un clásico, de máis a menos pero con ganas de recuperar o nivel de anos pasados.
HOLA, benvidos ó novo blog da Sr Calo no cal iremos poñendo todo tipo de información do noso clube e sobre todo de todos os actos que terán lugar neste 50 aniversario da SR, en especial do torneo de fútbol 7 que se celebrará no campo de Rebordelo os días 18 e 19 de junio.